Queridas familias:
Gustaríanos presentarvos as manualidades do magosto realizadas polos alumnos e alumnas.
Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.
Queridas familias:
Gustaríanos presentarvos as manualidades do magosto realizadas polos alumnos e alumnas.
Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.
Na edición deste ano da revista do cole, tivemos moita máscara aínda que non nos disfrazamos todos os días, e aínda que este curso sí que puidemos tela en formato físico, aquí vola deixamos para que poidades consultala cando vos apeteza
https://www.calameo.com/read/005935525defe3c143dca
BO VERÁN!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A homenaxeada neste ano foi Xela Arias. Poetisa, tradutora e gran defensora da nosa lingua, foi motivo de traballo nas nosas aulas grazas ao esforzo das nosas alumnas, alumnos e profes, os cales coñeceron a figura desta muller máis profundamente.
Nas nosas aulas traballamos a súa vida e obra coas actividades que o Seminario Galán nos aportou:
http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos
Pero tamén quixemos afondar nun aspecto importante da vida de Xela: o seu cambio de nome. Para iso, investigamos sobre a orixe dos nosos propios nomes para coñecernos mellor e ver que nos transmitían eses significados, de onde saíron algunhas cousas tan interesantes coma as que agora veredes:
DÍA DE ROSALÍA
Dende o cole conmemoramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro, e unha das actividades que fixemos nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria tivo como resultado este vídeo que aquí podedes ver con caligramas sobre as obras desta histórica autora galega.