POSTAIS DE NADAL
No cole xa temos todo listo para felicitar o Nadal aos nosos amig@s e profes!
BOAS FESTAS!
ESTATUTO DE AUTONOMÍA
Estes días conmemoramos a semana do Estatuto de Autonomía. A partir desta celebración, traballamos con algúns dos símbolos da nosa terra: a nosa bandeira, o noso himno...
Aquí vai unha mostra!
Himno galego recitado polo alumnado de 6ºA e 6ºB: pincha aquí
Himno galego recitado polo alumnado do colexio: pincha aquí
Bandeira elaborada polo alumnado de 1º, 3ºA, 3ºB e 4º.
Bandeira elaborada polo alumnado de 2º, 5º, 6ºA e 6ºB.
O alumnado de 4º de Primaria, da clase de Geni, tamén traballou o noso Himno. Coñecen ben o poema "Os pinos", de Eduardo Pondal.
O outono é tempo de castañas, de cabazas...
O alumnado do noso colexio púxose "mans na masa" e cociñou deliciosos pratos: arroz con cogomelos e verduras, madalenas de cabaza, castañas asadas, chourizos fritos, rosquillas, tarta de mazá, tronco de castañas, tortitas de cabaza, trufas de castaña, castañas cocidas... Fáisenos a boca auga!
Amaro, Ecaterina, Andrei, Bruno P. , Xulia, Carla R., Bruno M., Diego, Olivia, Miranda, Noa, Icía, Mar, Olivia F., Bruno C., Amara ... Moitas grazas por compartir con nós as vosas receitas!