lunes, 21 de junio de 2021

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS


A homenaxeada neste ano foi Xela Arias. Poetisa, tradutora e gran defensora da nosa lingua, foi motivo de traballo nas nosas aulas grazas ao esforzo das nosas alumnas, alumnos e profes, os cales coñeceron a figura desta muller máis profundamente.

Nas nosas aulas traballamos a súa vida e obra coas actividades que o Seminario Galán nos aportou:

http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos

Pero tamén quixemos afondar nun aspecto importante da vida de Xela: o seu cambio de nome. Para iso, investigamos sobre a orixe dos nosos propios nomes para coñecernos mellor e ver que nos transmitían eses significados, de onde saíron algunhas cousas tan interesantes coma as que agora veredes:







PD: Volvemos a pedirvos desculpas polo retraso, os problemas técnicos volveron aparecer. Pero agardamos que non acontezan máis


No hay comentarios:

Publicar un comentario