jueves, 2 de diciembre de 2021

Manualidades do magosto

     Queridas familias:

    Gustaríanos presentarvos as manualidades do magosto realizadas polos alumnos e alumnas. 

Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.






martes, 22 de junio de 2021

O VOCEIRO DE HÉRCULES 20-21

 Na edición deste ano da revista do cole, tivemos moita máscara aínda que non nos disfrazamos todos os días, e aínda que este curso sí que puidemos tela en formato físico, aquí vola deixamos para que poidades consultala cando vos apeteza



https://www.calameo.com/read/005935525defe3c143dca



BO VERÁN!

lunes, 21 de junio de 2021

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS


A homenaxeada neste ano foi Xela Arias. Poetisa, tradutora e gran defensora da nosa lingua, foi motivo de traballo nas nosas aulas grazas ao esforzo das nosas alumnas, alumnos e profes, os cales coñeceron a figura desta muller máis profundamente.

Nas nosas aulas traballamos a súa vida e obra coas actividades que o Seminario Galán nos aportou:

http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos

Pero tamén quixemos afondar nun aspecto importante da vida de Xela: o seu cambio de nome. Para iso, investigamos sobre a orixe dos nosos propios nomes para coñecernos mellor e ver que nos transmitían eses significados, de onde saíron algunhas cousas tan interesantes coma as que agora veredes:







PD: Volvemos a pedirvos desculpas polo retraso, os problemas técnicos volveron aparecer. Pero agardamos que non acontezan máis


jueves, 17 de junio de 2021

 DÍA DE ROSALÍA 

Dende o cole conmemoramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro, e unha das actividades que fixemos nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria tivo como resultado este vídeo que aquí podedes ver con caligramas sobre as obras desta histórica autora galega.




Por outra banda, o alumnado máis pequeno traballou con pictogramas reconstruindo así poemas da nosa poetisa, os cales podedes consultar nos seguintes enlaces: 

PD: esta entrada tivo que ser resubida por problemas técnicos, sentímolo.

lunes, 21 de diciembre de 2020

POSTAIS DE NADAL

No cole xa temos todo listo para felicitar o Nadal aos nosos amig@s e profes!





BOAS FESTAS!

sábado, 12 de diciembre de 2020

 ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Estes días conmemoramos a semana do Estatuto de Autonomía. A partir desta celebración, traballamos con algúns dos símbolos da nosa terra: a nosa bandeira, o noso himno...

Aquí vai unha mostra!


Himno galego recitado polo alumnado de 6ºA e 6ºB: pincha aquí

Himno galego recitado polo alumnado do colexio: pincha aquí


Bandeira feita polo alumnado de Infantil


Bandeira elaborada polo alumnado de 1º, 3ºA, 3ºB e 4º.


Bandeira elaborada polo alumnado de 2º, 5º, 6ºA e 6ºB. 


O alumnado de 4º de Primaria, da clase de Geni, tamén traballou o noso Himno. Coñecen ben o poema "Os pinos", de Eduardo Pondal.




miércoles, 18 de noviembre de 2020


RECEITA DE OUTONO

O outono é tempo de castañas, de cabazas... 

O alumnado do noso colexio púxose "mans na masa" e cociñou deliciosos pratos:  arroz con cogomelos e verduras, madalenas de cabaza, castañas asadas, chourizos fritos, rosquillas, tarta de mazá, tronco de castañas, tortitas de cabaza, trufas de castaña, castañas cocidas... Fáisenos a boca auga!

Amaro, Ecaterina, Andrei, Bruno P. , Xulia,  Carla R., Bruno M., Diego, Olivia, Miranda, Noa, Icía, Mar, Olivia F., Bruno C., Amara ... Moitas grazas por compartir con nós as vosas receitas!